HomeOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de hoxe no salón de plenos.

Licenzas (6). Concedeu 4 licenzas de obras: para a demolición dun inmoble na rúa Canella Cega; para a rehabilitación e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Outeiro (Cudeiro); para a reconstrución parcial de muros de cachotería nun peche existente no Lugar de Casanova (Santa Cruz de Arrabaldo) e para a instalación dun ascensor nun edificio na rúa Araceli Ancochea. Tamén estimou unha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza de segregación dunha parcela na rúa Cega, e desestimou o recurso interposto por unha sociedade á que se lle denegara previamente unha licenza de obras.

Turismo e Termalismo (1). Aprobou o pagamento dos premios do 22ª edición do Concurso de Pinchos de Ourense 2025

Recursos humanos (3). Aprobou 3 expedientes de validación da omisión da función interventora e do gasto para o aboamento de retribucións correspondentes a atribucións temporais de funcións de varios postos

Patrimonio (4). Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial (dúas inadmítense e dúas desistencias).

Contratación (2). Aprobou os expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación da pasarela do Vao, cun orzamento de licitación de 768.345,70 euros, IVE engadido, e de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, cun orzamento de licitación de 852.821,00 €.

Avogacía consistorial (4). Deu conta de 2 sentenzas, ditadas polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Vigo e o Penal número 1 de Ourense; e dun auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén foi informada de que o Concello deberá comparecer diante do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 de Ourense nun procedemento abreviado. Foi retirada da orde do día, para mellor estudo, unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense.

Fóra da orde do día (1). Aprobou unha modificación do prego de condicións para contratar a empresa que redactará o proxecto de demolición e reconstrución do edificio emprazado na Avenida das Caldas, número 33.

Publicacións Relacionadas