HomeA CoruñaMaría Sampedro comprométese a avaliar converter a Ribeira na primeira cidade galega...

María Sampedro comprométese a avaliar converter a Ribeira na primeira cidade galega TEI durante as Xornadas BoTrato

- Anuncio -spot_img

 Profesionais que traballan coa rapazada fórmanse para a creación de contornas seguras, respectuosas e afectivas

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na apertura da segunda edición das Xornadas Interprofesionais para o BoTrato á infancia e á adolescencia que se desenvolven durante os días 11 e 12 de decembro, na sala polivalente do novo Auditorio municipal, da man do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.

Uns 70 profesionais que traballan no día a día coa rapazada fórmanse para a creación de contornas educativas e sociais seguras, respectuosas e afectivas a través dos simposios relevantes no ámbito social como Programa TEI, ASEIA, Feitoría Verde ou Atalaias.

Durante a súa intervención, a rexedora trasladou o compromiso do Concello de Ribeira “coa protección e promoción dos dereitos da infancia e da adolescencia, seguindo a cultura do bo trato, tendo en conta sempre a esta parte da poboación, non só con estas xornadas, senón tamén con outro tipo de accións municipais para dar cumprimento á Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI, pero, sobre todo, para crecer como sociedade.” Neste senso, avanzou a intención da Administración local de converterse na primeira cidade TEI de Galicia, é dicir, referente no trato entre iguais.

Con relación ao contido das xornadas, a mandataria local manifestou que “os simposios e obradoiros que amparan esta iniciativa son un valiosa ferramenta para contribuír aos profesionais na creación de espazos garantía para o correcto desenvolvemento dos máis pequenos, que son o noso futuro. Unha tarefa especialmente importante e transcendental tendo en conta que, nas primeiras etapas da vida, é cando se conforma a personalidade e cando hai experiencias que poden marcar para sempre.”

Tamén falou a coordinadora do Departamento de Servizos Sociais, Francisca Vidal, para quen “este espazo é unha oportunidade para reflexionar sobre a nosa práctica profesional e para compartir experiencias e boas prácticas. A infancia e a adolescencia son temas que requiren a nosa atención e compromiso no ámbito da Administración local e Servizos Comunitarios. É hora de unir forzas e traballar conxuntamente para protexer e apoiar as nenas e nenos, menores en situación de risco.” De seguido, tomou a palabra a educadora social e promotora das xornadas, Iria Alén, quen se encargou de explicar ás persoas asistentes o desenvolvemento destas xornadas.

Publicacións Relacionadas