O Concello de Salvaterra de Miño inicia as obras de reforma integral do Parque Público da Casa de Cultura de Salvaterra, creando un espazo totalmente novo, un proxecto de máis de 257.000 euros financiado a través do Plan +Provincia da Deputación Provincial.
Con esta humanización e mellora do Parque Infantil da Casa de Cultura de Salvaterra de Miño adáptase e mellórase a infraestructura existente, xerando un espazo novo, moderno e adaptado para os cativos do municipio que incluirá a instalación dunha pista polideportiva e xogos novos que farán as ledicias dos nenos e nenas, ademais de cambiar o peche perimetral e o acceso ó mesmo.
Estas obras únense a reforma integral da zona de xogos do Parque Público a Canuda e as diferentes inversión realizadas nas instalacións deportivas do municipio que buscan crear zonas adaptadas, modernas e seguras para os nosos cativos.



