HomeXunta de GaliciaA Xunta amplía un 30% o orzamento das axudas de 2025 para...

A Xunta amplía un 30% o orzamento das axudas de 2025 para impulsar o autoemprego das persoas retornadas

- Anuncio -spot_img
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este aumento ata os 1,3 M€ no marco dunha convocatoria á que se presentaron preto de 200 solicitudes este ano
  • Desde o seu arranque, apoiáronse máis de mil proxectos con preto de 7 millóns de euros en beneficio de persoas cunha media de 41 anos de idade
  • Trátase dunha das principais ferramentas do Goberno autonómico para favorecer a inserción laboral das persoas retornadas no marco da Estratexia Galicia Retorna, ao tempo que se impulsa o tecido empresarial galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante a que se amplía un 30 % o orzamento destinado ás subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas. Esta ampliación permitirá cubrir a alta demanda dun programa que neste 2025 recibiu preto de 200 solicitudes.

O programa permite financiar iniciativas emprendedoras en sectores diversos, contribuíndo á creación de emprego e ao desenvolvemento económico nas distintas comarcas galegas. A Arxentina, Cuba, Venezuela ou o Reino Unido son os principais países de onde veñen.

As axudas son de 6.000 euros, que se poden incrementar en 1.000 euros se a persoa beneficiaria é muller, e noutros 3.000 euros se a empresa se pon en marcha nun concello rural. Deste xeito, unha persoa solicitante pode obter ata 10.000 euros de apoio para a posta en marcha do seu negocio, de maneira que poida fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente realizando as súas actividades empresariais e profesionais e favorecendo, ademais, o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

Cómpre destacar que o Goberno autonómico investiu desde o arranque da iniciativa preto de 7 millóns de euros para posibilitar a posta en marcha de máis de mil proxectos empresariais en Galicia de persoas cunha media de idade de 41 anos.

Coa ampliación orzamentaria, reafírmase o compromiso con aquelas persoas que apostan por regresar a Galicia e construír o seu futuro profesional na súa terra de orixe. Estas axudas enmárcanse dentro da Estratexia Galicia Retorna, que busca transformar o retorno nun motor de crecemento demográfico e social.

Publicacións Relacionadas