HomeOurenseO alcalde felicita o equipo ourensán Kaldi, campión do mundo no torneo...

O alcalde felicita o equipo ourensán Kaldi, campión do mundo no torneo de dardos Phoenix

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, felicitou esta mañá os integrantes do equipo de dardos ourensán da cafetería Kaldi, que veñen de proclamarse campións do mundo en varias categorías no torneo de dardos electrónicos Phoenix, que se  disputou a pasada fin de semana na cidade da Coruña.

O equipo do Kaldi, composto por Borja González, Diego González, Manuel Muíños e Martín Martínez (que participaron no acto desta mañá), Javier González e Cristian Oliveira, conseguiu un impresionante palmarés na competición, ao acadar os títulos de:

  • Campións do mundo por equipos nivel C
  • Campións do mundo por parellas 501 nivel C
  • Campións do mundo por parellas cricket nivel C
  • Campión do mundo individual nivel C e
  • Medalla de prata na competición en parellas cricket nivel C.

O alcalde eloxiou o éxito do equipo ourensán logo dunha competición extraordinariamente esixente, que se desenvolveu durante 52 horas en só 4 días. Jácome animou os deportistas ourensáns a seguir adiante coa súa traxectoria e a volver á cidade proximamente con novos títulos. A próxima cita do equipo ourensán será o Campionato de España da especialidade.

Publicacións Relacionadas