HomeA CoruñaO Concello de Ribeira instalará fibra óptica no lugar de Cobas, en...

O Concello de Ribeira instalará fibra óptica no lugar de Cobas, en Castiñeiras

- Anuncio -spot_img

 Este equipamento contemplarase na planificación de obra para a zona

O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira, Álex Vidal, reuniuse con veciñanza do lugar de Cobas, na parroquia de Castiñeiras, para informar de que se instalará fibra óptica na zona en vindeiras datas; unha medida que beneficiará a preto dunha vintena de vivendas.
“Esta era unha demanda veciñal que levaba pendente máis de dous anos sen ter resposta. Somos conscientes de que, nun mundo cada vez máis dixitalizado, é necesario ter unha boa conexión a Internet para o día a día e, como Administración pública, temos o deber de garantir estes servizos á cidadanía, xa que, incluso, moita tramitación se ten que facer por vía telemática. A dotación para Cobas xa foi aprobada en Xunta de Goberno e incorporarase na planificación de obra coa pretensión de que se acometa en pouco tempo”, explica o edil.

Adianta, así mesmo, que a Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías ten marcada unha folla de ruta para que a fibra óptica chegue a máis espazos do municipio, tanto da cidade como das parroquias.

Publicacións Relacionadas