“Pakolas e as tripulantes” é o título do espectáculo que a Concellería de Cultura de Fene anuncia para este sábado, 13 de decembro, no Casino de Perlío, no marco do ciclo Nadal en Fene. A función, dirixida a público infantil e familiar, comezará ás 18.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Actuación organizada polo Concello de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
En “Pakolas e as tripulantes”, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo o universo musical, a través da súa voz e guitarra, nun espectáculo de formato banda (ao baixo con Laura Romero na e batería con Ro Muñoz) creado polo propio autor, onde a interacción e a participación coas nenas e os nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo.



