As Bibliotecas Municipais celebran o Nadal con contacontos. A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela festexará o Nadal conmemorando o 250 aniversario da escritora Jane Austen cun contacontos baseado na vida da autora e nas súas obras máis senlleiras. “Jane Austen polo Nadal” é unha actividade organizada en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso e que correrá a cargo da contadora Olga Cuervo. Será o luns 22 de decembro ás 18:00 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e público familiar. O contacontos é de balde pero é preciso facer a inscrición previamente na propia biblioteca ou no teléfono 986.40.15.61.
En Chapela a Biblioteca Xela Arias celebrará estas datas tan especiais cunha nova sesión de contacontos a cargo das usuarias Lía e Beatriz. Será cos seus “Contos da Veciñanza, especial Nadal”. A cita é o martes 23 de decembro ás 18:30 horas. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar. A entrada é de balde, con inscrición previa na propia biblioteca, no teléfono 986.45.42.26 ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal.
Lembrar tamén que as bibliotecas municipais modifican o seu horario durante as vacacións de Nadal. O horario da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela, desde o 23 de decembro ata o 5 de xaneiro será:
-Sala xeral: Luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
-Sala infantil: Luns a venres de 10.30 a 13.30 horas
-Sala de estudo: Luns a venres de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.45 horas
Sábado e domingo de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas



