HomePontevedraO CondadoProfesionais da creación artística participaron nas xornadas “Crear Pontes” en Artistea, Ponteareas

Profesionais da creación artística participaron nas xornadas “Crear Pontes” en Artistea, Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas clausura con éxito as xornadas “Crear Pontes”, organizadas en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un encontro profesional arredor das residencias artísticas como motores de transformación social, cultural e territorial. O programa desenvolveuse en dúas citas: unha primeira no Museo de Pontevedra e unha segunda en Artistea, a primeira residencia artística 100% municipal de Galicia.

Ao longo destas dúas xornadas reuníronse artistas, creadoras e creadores novos e de longa traxectoria, así como profesionais do dereito cultural, docentes, xestores e xestoras culturais, responsables de residencias, colectivos artísticos, persoal investigador e estudantes universitarios. Entre os perfís asistentes destacaron profesionais procedentes de institucións como o Centro de Arte María José Jove, o IES de Chapela, a Rede Atlántica de Cultura e Territorio, o Museo de Pontevedra, a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, a Universidade de Vigo, a Casa Vella, o Colectivo RPM,      o Instituto de Ciencias del Patrimonio (INCIPIT, CSIC), a Facultade de Belas Artes, diversas escolas de arte e múltiples proxectos culturais, ademais de artistas visuais, escénicos, audiovisuais, ilustradoras, artesáns, animadores socioculturais e profesionais das artes escénicas.

Un foro para fortalecer redes, profesionalizar o sector e impulsar a creación contemporánea

Na apertura das xornadas, a alcaldesa Nava Castro salientou que “estamos convencidos de que a creación artística ten a capacidade de xerar riqueza e emprego”, lembrando que Ponteareas puxo en marcha Artistea, “o primeiro espazo para residencias artísticas cento por cento municipal, público, no que xa levamos cinco residencias desenvolvidas”.

Pola súa banda, a edil de Emprendemento destacou que Artistea ofrece un espazo para a reflexión e o intercambio de coñecementos, complementado con clases maxistrais, visitas guiadas e accións de conexión co territorio.

O director de Crear Pontes, Diego Parajó xunto á coordinadora, explicou que a iniciativa “parte de entender as residencias como estruturas que conectan prácticas artísticas, pensamento crítico, innovación e participación cidadá”. O programa permitiu ás persoas asistentes achegarse a este fenómeno desde múltiples perspectivas: modelos de xestión, inserción territorial, redes institucionais, financiamento, impacto social, acompañamento artístico e relacións co tecido educativo.

Dúas xornadas para o diálogo e a construción de comunidade cultural

A primeira xornada, celebrada no Museo de Pontevedra,  estivo enfocada en redes de cooperación, redes de saberes e profesionalización do sector, contou con conferencias, mesas redondas, espazos de networking e dinámicas grupais. Nesta primeira xornada participaron profesionais como: Verónica Santos, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, André Rodrigues, Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, a xestora cultural Eva Mejuto e as artistas Iria Vázquez e Laura Tabarés

A segunda xornada clausurada hoxe en Artistea, Ponteareas, centrouse en boas prácticas, impulso desde o local e documentación e retorno das experiencias e contou coa participación de: Ania González, avogada especializada en dereito da cultura; Susana González, directora do Centro de Arte María José Jove; Mónica Maneiro, crítica de arte; Sara Donoso, comisaria e xestora cultural e Laura Porto, directora das distintas residencias celebradas en Artistea.

Publicacións Relacionadas