- O concerto dará comezo ás 12:30h o sábado 20 de decembro na praza de Avelino Vicente
Para arrancar con estas data de Nadal recuperamos o concerto suspendido a final de agosto pola chuvia, do grupo Wondercovers.
Veñen os WONDERCOVERS, un power trío vigués que ofrece o público un concerto dinámico, entretido, e tan cheo de clásicos, que se fará moi curto…. Pink Floyd, Led Zeppelin, Lynyrd Skynyrd, Jimi Hendrix, The Beatles, The Black Crowes, The Rolling Stones, The Doors, ZZ Top, Los Rodríguez…E moitos máis!
O seu concerto traerá bo ambiente no mediodía do sábado 20 de decembro, ás 12:30 horas, na praza de Avelino Vicente.
Este concerto pertence ao programa TocaMúsica que conta co apoio do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.



