HomePontevedraInaugurado o novo Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

Inaugurado o novo Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde, Manu Lourenzo, a delegada do Goberno en Vigo, Ana Ortiz, e o director de obra Enrique Urcola  e a veciñanza de Soutomaior inauguraron nesta xornada esta imporante obra para o concello.
  • Unha actuación que contou cun investimento de preto de 800 mil peruos, financiada ao 50% con fondos do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia e tamén con fondos propios do concello de Soutomaior.

O alcalde, Manu Lourenzo inaugurou nesta xornada o novo camiño de Santiago ao seu paso por Arcade. Unha cita na que estivo acompañado polo director da obra, Enrique Urcola e pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.

 En primeiro temo Urcola dixo que dende a súa empresa, URCOIN, sempre “tratamos de que a obra estea integrada coa zona e a veciñanza que vive no lugar, cada proxecto que se fai é sempre distinto, pensando nas persoas”.

Antes de dar paso a Ana Ortiz, o alcalde, Manu Lourenzo, lembrou que “detrás destes proxectos é imporante destacar a colaboración institucional, para Soutomaior a colaboración institucional ten traído grandes cousas para o noso concello, Ana Ortiz, delegada en Vigo da Xunta de Galicia, teño que recoñecer que alén das diferencias ideolóxicas, sempre atopei nela unha aliada para compartir proxectos que entendemos e sabemos que son necesarios e sempre atopei un sorriso ao outro lado do teléfono e vontade de colaborar tanto dela como do seu equipo. Unha obra que foi financiada ao 50% polo fondo de cooperación local da Xunta de Galicia”.

A delegada do Goberno en Vigo, Ana Ortiz, dixo pola súa banda que “é un pracer estar aquí, para nós é moi importante traballar sempre, por enriba de todo, polo ben da cidadanía, trátase esta dunha obra moi necesaria para o pobo, falar do camiño é falar de economía é falar de riqueza de que temos que amosar todo o noso patrimonio cultural e nese camiño estamos un pracer estar hoxe aquí en Soutomaior”.

Manu Lourenzo rematou o acto cun “agradecemento sincero á empresa COVSA pola profesionalidade, polo traballo e porque foi duro polos tempos, tiñamos que chegar á meta cuns tempos difíciles, cunha subvención en xogo, unha obra de grande envergadura con más de 800 mil euros de investimento, tiñamos que renovar todos os servizos, había unha transformación absoluta e unhas melloras esixentes e aquí se deron varios elementos que non son menores xa que cando se conxugan a responsabilidade, a profesionalidade, a seriedade e as ganas de sacar os proxectos adiante non hai obstáculo que impida que isto sala adiante”.

Manu Lourenzo tamén sinalou que é moi imporante sermos capaces de ver o que era isto e o que é, “temos que ser capaces de levar este tipo de actuación a todo o concello e de ir expandido un modelo urbano máis amable, máis respectuoso, máis pensado para as persoas, máis accesible e na que se poña en valor esta marabilla de concello que aquí temos”. O alcalde quixo tamén agradecer “a paciencia e os azos e folgos que me trasladastes pola rúa día tras día… esa é a vitamina que fai que a inercia deste concello tire para adiante, grazas a todas as persoas que fixestes posible este proxecto grazas e por moitos máis” concluíu.

Unha cita que rematou cun petisco e coa actuación do grupo local “BIVERSIÓN”.

Publicacións Relacionadas