HomePontevedraPontevedraDomínguez denuncia o prexuízo que supón para Pontevedra comezar o 2026 sen...

Domínguez denuncia o prexuízo que supón para Pontevedra comezar o 2026 sen orzamento municipal

- Anuncio -spot_img

• O líder do PP observa unha “falta de rumbo constante durante este mandato” e lamenta que as contas para o novo exercicio “volverán chegar tarde para os intereses da cidade”

• A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra comezarán o ano coas contas aprobadas

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou que o Goberno local do BNG volva tomar con calma a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2026: “As contas non se van a aprobar en tempo e forma para comezar o novo exercicio, o que supón un grave prexuízo para a cidade”.

Domínguez lembrou a situación vivida ao comezo do actual mandato, cando o alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores viuse obrigado a someterse a unha cuestión de confianza para sacar adiante os Orzamentos de 2024, #ante o rexeitamento do PP e do PSOE. “O BNG sinalábame a min como responsable de atrasar as contas municipais, que finalmente se aprobaron en marzo, e xerouse un gran balbordo sobre o prexudicial que era para Pontevedra non contar con orzamentos. Hoxe, con todo, o alcalde parece non ter ningunha présa”, afirmou.

O líder do PP puxo tamén o foco na falta de vontade política do Goberno local do BNG para dialogar co principal partido da oposición e o máis apoiado polos pontevedreses con 11 concelleiros fronte aos nove do BNG e os cinco do PSOE. “Este ano non recibimos ningunha chamada nin ningunha petición de reunión. En exercicios anteriores, polo menos, existía ese contacto. Agora nin sequera hanse dignado a falar co partido que representa a máis veciños de Pontevedra”, afeou.

“Descoñezo que pretende facer Lores, pero o que si está claro é que o Concello non terá aprobados os orzamentos o 1 de xaneiro, como si os terá a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e iso sempre é moi negativo para a xestión municipal”, engadiu.

En definitiva, Domínguez lamentou a situación de bloqueo prexudicial que, ao seu xuízo, vive o Concello de Pontevedra: “Estamos #ante unha evidente falta de rumbo constante durante o mandato actual, non se se por incapacidade ou por falta de vontade política do BNG de Lores, pero o certo é que nada avanza, a xestión municipal é errática e os Orzamentos de 2026 volverán chegar tarde”, concluíu.

Publicacións Relacionadas