HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Xunta de Goberno aproba axudas para cooperación cos concellos por un...

A Xunta de Goberno aproba axudas para cooperación cos concellos por un importe próximo a 136.000 euros

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de preto de 136.000 euros en axudas destinadas a cooperación cos concellos.

Na sesion celebrada esta mañá aprobouse unha subvención de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior, así como unha achega de case 60.000 euros a Pereiro de Aguiar para a execución dun proxecto de melloras no campo de fútbol da Carabina.

Na orde do día tamén figuraba unha partida de 12.000 euros para o Concello de Rubiá, con destino á pavimentación no núcleo de Castelo. Boborás disporá de 30.000 euros para un proxecto de canalización soterrada e distribución de enerxía eléctrica na poboación de Brués e, por ultimo, aprobouse unha axuda de case 9.000 euros para acondicionamento de caminos municipais na Peroxa.

Publicacións Relacionadas