HomeA CoruñaO escritor de Camelle Anxo Mouzo presenta ‘A princesa Dourada’, unha novela...

O escritor de Camelle Anxo Mouzo presenta ‘A princesa Dourada’, unha novela de fantasía xuvenil

- Anuncio -spot_img

· A obra, publicada por Boadicea Editora, narra a historia de dous veciños de Camelle que se ven envoltos nunha aventura épica para recuperar o reino de Nihá.

· O autor, de 23 anos e gañador do premio do público no certame Aliteraclara, debuta na novela cunha historia de amizade, valor e identidade.

Este sábado, 20 de decembro, ás 18 horas no Museo de Man de Camelle, terá lugar a presentación e “A Princesa Dourada”, a primeira novela do escritor Anxo Mouzo Moreira, veciño de Camelle. O evento servirá para dar a coñecer esta nova aposta pola literatura fantástica xuvenil publicada por Boadicea Editora.

“A Princesa Dourada” ofrece unha premisa orixinal que mestura a vida cotiá na Costa da Morte coa alta fantasía. A trama xira arredor de Xosé e Marica, dous veciños de Camelle que viven porta con porta. A súa vida tranquila, marcada pola afección de Xosé ao fútbol e a súa amizade con Marica, dá un xiro radical o día que ela cumpre quince anos.

Nese momento, descóbrese un segredo oculto durante anos: Marica non é unha rapaza común, senón a princesa do reino de Nihá, exiliada do seu fogar pola malvada raíña demo de Hangyo cando aínda era unha nena. As lendas profetizan que a princesa recuperará o seu trono grazas á súa intelixencia e unha vontade de ferro. Xosé, o seu fiel amigo, non dubidará en axudala, estando disposto a todo para cumprir ese propósito.

Anxo Mouzo Moreira (Camelle) é un novo talento das letras galegas. Aos seus 23 anos, e tras cursar os seus estudos en Arteixo, dá o salto á novela despois de ter destacado no formato breve, sendo o gañador do premio do público no III Certame Literario de Microrrelatos Aliteraclara. Con “A Princesa Dourada”, Mouzo demostra a súa capacidade para crear mundos imaxinarios sen perder a raíz da súa terra natal. No acto estará acompañada do editor da obra, José Manuel Dopazo.

Publicacións Relacionadas