HomeVigoBaionaBaiNadal no Multiusos de Sabarís

BaiNadal no Multiusos de Sabarís

- Anuncio -spot_img

A finalidade destas actividades é fomentar e conservar as tradicións, as actividades en familia, e potenciar as artes plásticas e a creatividade.

Como marca a tradición do Nadal en nosa Villa, o multiusos acollerá a exposición de Beléns tradicionais, elaborados por veciños da comarca, Nando Fernández Penedo, Belén Comesaña Chamorro e Jose Da Costa, así como o nacemento elaborado polo grupo de catequese da parroquia de Sabarís. Ademais destes Beléns tradicionais, poderemos visitar a exposición do Certame de Microbelenes, que este ano reúne a 30 participantes.

Continuando co ambiente familiar do ano pasado, o Multiusos acollerá unha zona lúdica para todas as idades, composta por máquinas recreativas Arcade con multijuegos, simuladores e futbolines, sendo o seu uso totalmente gratuíto.

Como novidade deste ano, o Multiusos contará con varios espazos lúdicos para gozar en familia dos xogos de mesa; por unha banda, a asociación Xabai de Baiona dinamizará unha zona de xogo de xadrez para todas aqueles nenos, maiores ou familias, afeccionados a este carismático xogo de mesa, e, por outra banda, haberá un espazo dedicado aos xogos en familia, onde poderemos atopar os xogos de mesa máis tradicionais como o parchís e a oca entre outros.

Así mesmo, o 27 de decembro terá lugar o “II Torneo de Futbolín Vila de Baiona” organizado coa colaboración do Baíña Fútbol sala, que contará con dúas categorías de participación por parellas; ata os 15 anos (Base) e a partir de 15 anos (Senior).

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no correo prensa.baifutsal@gmail.com, ata o 23 de decembro, sendo as prazas limitadas e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Os nosos veciños e visitantes poderán gozar destas actividades desde este venres 12 de decembro ás 17:30h ata o 5 de xaneiro de 2026, en horario de tarde do 12 ao 19 de decembro e ao comezar as vacacións dos nosos veciños mais mozos, en horario de 11 a 14H e de 17 a 21H para o seu goce.

Ademais das exposicións situadas no Multiusos de Sabarís, os amantes do Belenismo, poderán visitar os nacementos situados no interior das igrexas parroquiais de Sabarís, Belesar, Baredo e Baíña, no horario das misas.

Desde o Concello de Baiona queremos agradecer a colaboración activa de todos os veciños implicados nas actividades, tanto asociacións como empresas privadas da contorna, e esperamos que estas actividades sexan do agrado de veciños e visitantes, e que contribúan a fomentar a maxia e a convivencia nestas datas do Nadal.

Publicacións Relacionadas