Vimos de coñecer a través de El País a aparición dun novo caso de acoso laboral e sexual nun Concello de Ourense, concretamente no de Barbadás. Segundo a información publicada, unha militante socialista denunciou que foi acosada sexualmente por un concelleiro, e que logo sufriu represalias en forma de acoso laboral por parte do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel Doval, tras presentar esa denuncia.
A situación non é illada, senón que se insire nunha crise máis ampla no PSOE, que nas últimas semanas acumula escándalos por denuncias de acoso sexual e cuestionamentos sobre a xestión das mesmas pola dirección do partido. Aministracións socialistas, organizacións e militantes están a pedir máis contundencia e transparencia na xestión destes casos, precisamente porque os mesmos están a saír á luz de maneira repetida.
Desde Podemos Ourense consideramos que:
- Non é aceptable que quen ten responsabilidades públicas presuntamente represalie a quen denuncia, practicando así formas de acoso laboral e de censura.
- As persoas investigadas e señaladas por actuacións deste tipo non poden continuar exercendo cargos públicos nin orgánicos.
- Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás, xa foi instado polo seu propio partido a abandonar cargos, mais non basta con medias parciais: a gravidade das acusacións expón a necesidade de dimisión política inmediata do rexedor e de calquera outra persoa con responsabilidades de poder e representación implicada ou que contribuíse a impedir unha xestión serena, eficaz e protectora das vítimas.
Ademais, resulta incompatible coa defensa dos dereitos das vítimas a postura adoptada por figuras como José Ramón Gómez Besteiro, ao procurar xustificar ou matizar a responsabilidade política do seu propio partido diante destes casos, sen abordar de xeito radical a súa propia responsabilidade como dirección ante o coñecemento previo de denuncias e a falta de medidas preventivas e de acompañamento.
Reclamamos tamén: - Investigación independente sobre todas as denuncias presentadas no seo do PSOE en Galicia e, se procede, a apertura de cauces xudiciais e administrativos externos.
- Protocolos efectivos de protección para quen sofre acoso, de aplicación inmediata en todas as administracións públicas.
- Políticas reais e non simbólicas de igualdade, baseadas na protección das vítimas e na depuración de responsabilidades.
En democracia, a palabra feminismo non ten sentido se non vai acompañada de accións contundentes, e en Ourense non podemos ser cómplices nin silenciosos ante estas dinámicas de poder que repro



