HomePontevedraA ParadantaLuis López asina co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, unha achega...

Luis López asina co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, unha achega de 0,5M€ para instalar céspede artificial no campo de fútbol municipal

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta a colaboración entre as administracións provincial e municipal para executar proxectos que melloran os servizos para a veciñanza

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Crecente a través dos plans de cooperación é de preto de 1,1 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol municipal. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e García-Luengo, selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 500.000 euros para financiar unha obra valorada en preto de 590.000€ cuxo orzamento completo o Concello aportando os fondos restantes. Un investimento que supón unha nova mostra da aposta pola mellora das instalacións deportivas e por dotar á veciñanza, viva onde viva, de servizos modernos e de calidade, destacou o dirixente provincial.

O proxecto forma parte da estratexia do goberno local de mellora das instalacións do campo de fútbol municipal. Así, a través do PON2030 e do +Provincia xa se investiron máis de 430.000 euros para a construción de vestiarios, enfermaría e un cuarto para instalacións. Con esta nova obra, dotarase á infraestrutura de céspede artificial, un novo sistema de rego, marcador, novas torres de iluminación e novos elementos para a práctica do fútbol. Con todo, antes de proceder á súa instalación cómpre demoler as construcións non necesarias, desmontar as torres de iluminación existentes e retirar a varanda perimetral. 

Por outro lado, lembrou Luis López que o prazo de presentación de solicitudes para a segunda convocatoria do Plan Extra, dotado con 35 millóns de euros para impulsar proxectos estratéxicos nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, está xa pechado e recoñeceu o traballo do equipo de goberno de Crecente para presentar un novo proxecto estratéxico e transformador para esta nova convocatoria que xa está a ser valorado polos técnicos da Deputación.

A colaboración da Deputación co Concello de Crecente non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello recibiu este ano de mans do organismo provincial preto de 1,1M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas