HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta...

A Xunta de Goberno Local reunirase mañá na súa sesión ordinaria desta semana, con 21 asuntos na orde do día

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 21 asuntos na orde do día

Avogacía Consistorial (5). Dará conta de 4 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense e outra do Xulgado do Social número 2.

Licenzas (6). Resolverá 3 solicitudes de licenzas: para a reforma de portal e substitución de ascensor nun inmoble na rúa Ribeira de Canedo: para a construción de garaxe e legalización de construción auxiliar na estrada de Ponferrada, e para a demolición interior en plantas 1, 2, 3 e cuberta dun inmoble na rúa Concordia. Tamén dará conta de 3 solicitudes de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación doutras tantas parcelas, na rúa Marcelo Macías, en Mindiño – Vilar de Astrés e na rúa Torres.

Servizo de rehabilitación (5). Outorgará a cualificación provisional de 5 obras para recibir subvencións no marco do programa de axudas a actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Unión Europea – NextGenerationEU

Contratación (2). Aprobará o expediente para contratar as obras do proxecto de acondicionamento de parque e zonas verdes na contorna da praza Daniel González, e unha rectificación do prego de cláusulas administrativas para a contratación do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na Praza da Lexión.

Artes e festexos (1). Recoñecer unha obriga .

Educación (1). Recoñecer unha obriga.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobará un recoñecemento extraxudicial de créditos relativo a facturas do ano 2024 non aprobadas no dito exercicio.

Publicacións Relacionadas