A praza do Concello e o Auditorio, ao seu carón, acollerán ata o domingo o tradicional mercado con 24 postos e unha programación cultural que inclúe concertos ao mediodía e á noite, obradoiros, títeres, etc.
O Concello de Nigrán adéntrase oficialmente no Nadal este venres 19 de decembro co tradicional mercado de inverno de artesanía local ‘Bulebule’ na Praza do Concello, onde se desenvolverá ata o domingo. Un total de 24 postos ofrecerán as súas mellores propostas de agasallos ao tempo que se celebran concertos a mediodía e á noitiña, obradoiros ou espectáculos no Auditorio ao seu carón (todo se a meteoroloxía acompaña). Para a inauguración, o ‘BuleBule’ contará co espectáculo de maxia de Xulio Merino ás 19:00 horas e, a continuación, un concerto. Os horarios, actividades e o nome de firmas asistentes poderán consultarse a través do seu instagram @bulebulenigran e na súa páxina web www.bulebulenigran.es.
A fin de semana o ‘Bulebule’ continúa cunha ampla variedade de actividades para nenos e adultos, desde talleres creativos de lettering, macramé, cerámica e xoiaría ata actuacións en vivo, asegurando diversión para toda a familia. Así, o sábado a programación cultural arranca co contacontos en inglés de Kids&Us ‘“Santa’s Elves”-Un cuento de Navidad para vivir en familia’ ás 12:30 horas no Auditorio e concerto en sesión vermú, pola tarde (19:00 horas) o Auditorio acollerá a obra de Tanxarina ‘A Biblioteca Galáctica contra da IA Fantástica’ para continuar na Praza con música ao vivo. Finalmente, o domingo haberá concertos en sesión vermú (Covacanta e e pola tarde espectáculo de maxia de Óscar Fernández (17:30 horas) e baile no Auditorio a partir das 19:00 horas.



