A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 22 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos do Concello.
Avogacía Consistorial (5). Deu conta de 4 sentenzas ditadas polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense de outra do Xulgado do Social número 2.
Licenzas (6). Concedeu 2 licenzas: para a reforma de portal e substitución de ascensor nun inmoble na rúa Ribeira de Canedo, e para a demolición interior en plantas 1, 2, 3 e a cuberta dun inmoble na rúa da Concordia; e denegou outra (para a construción de garaxe e legalización de construción auxiliar na estrada de Ponferrada). Estimou 3 solicitudes de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación doutras tantas parcelas, na rúa Marcelo Macías, en Mindiño – Vilar de Astrés e na rúa Torres.
Servizo de rehabilitación (5). Outorgou a cualificación provisional de 5 subvencións para obras no marco do programa de axudas a actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Unión Europea – NextGenerationEU. Trátase da rehabilitación de inmobles emprazados na rúa do Polvorín, nas rúas Amendo e Oliveiras (en Seixalbo); e nas rúas Lúa e Lepanto (no Centro histórico)
Contratación (2). Aprobou o expediente para contratar as obras do proxecto de acondicionamento de parque e zonas verdes na contorna da praza Daniel González, As Lagoas, cun orzamento base de licitación de 1.194.470,88 euros, por procedemento aberto; e a rectificación dun artigo do prego de cláusulas administrativas para a contratación do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na Praza da Lexión.
Artes e festexos (1) e Educación (1). Recoñeceu senllas obrigas.
Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos relativo a facturas do ano 2024 non aprobadas no dito exercicio.
Fóra da orde do día (1). Aprobou unha relación de facturas do servizo eléctrico.



