HomeOurenseO desfile de Papá Noel ocasionará cortes de tráfico no centro da...

O desfile de Papá Noel ocasionará cortes de tráfico no centro da cidade o sábado pola tarde

- Anuncio -spot_img

 O desfile de Papá Noel requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade pasado mañá, sábado, 20 de decembro, pola tarde. A comitiva sairá da rúa Xoaquín Lourenzo “Xocas” e avanzará por Curros Enríquez (fronte á Subdelegación do Goberno), Paseo e Lamas Carvajal, para rematar na Praza Maior.

 Para o desenvolvemento da actividade, realizaranse dous cortes de tráfico:

 · De 15.00  a 19.00 h pecharase ao tráfico a rúa Xoaquín Lourenzo

· De 18.45 a 19.00 h pecharase o acceso á rúa Curros Enríquez desde as rúas Concello e Xoán XXIII. O tráfico desviarase pola rúa Xoán XXIII detrás da Subdelegación do Goberno.

Publicacións Relacionadas