HomeA CoruñaA CoruñaComunicado de la alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, ante las denuncias...

Comunicado de la alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, ante las denuncias conocidas en el día de hoy

- Anuncio -spot_img

«É unha mágoa que unha canle interna que xurdiu para defender a vítimas reais úseno determinadas persoas para fins que nada teñen que ver con isto. No fondo, quen fai un uso espurio da canle o que está a facer é atentar contra unha ferramenta útil contra determinados comportamentos machistas.

Quen posúa un mínimo de ética non recorrería a ésto porque no fondo a quen dana é ás auténticas vítimas. Por outra banda, ata onde eu se, ese medio é unha canle anónima, e neste caso, polo que contan, as denunciantes teñen nome e apelidos. As dúas denunciantes ostentaron cargos no meu Goberno, polo que a ninguén se lle escapa que esta manobra é tamén un axuste de contas por non repetir nas listas.

Non se pode confundir a discrepancia política co acoso. Quen non repite nunhas listas, ou discrepa nun goberno, ten outras vías e canles políticos para expresarse.
Creo que se confundiron de medio: onde teñen que ir é ao xulgado, e se non o fixeron esas persoas, coas que hai anos que non teño ningunha relación, entendo que é porque saben perfectamente que non hai nada que denunciar, e porque saben que en España a denuncia falsa é un delito.

Ningunha denuncia falsa fará que deixe de estar á beira das vítimas e denunciando os casos de violencia machista e de acoso sexual, por moito que haxa persoas que por esa causa tenten agora actuar contra min a través dunha canle que precisamente ten como función a defensa das mulleres.

Se o que pretenden é que me cale, non o van a conseguir. Ninguén me calará no meu defensa das vítimas de acoso».

Publicacións Relacionadas