HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra o sábbado 27 a súa Carreira Solidaria...

O concello de Nigrán celebra o sábbado 27 a súa Carreira Solidaria de Nadal “Kilo por Dorsal”

- Anuncio -spot_img

Os interesados en participar non precisan inscribirse, tan só achegar ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros. Discorrerá por Praia América e rematará cunha chocolatada

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o 27 de decembro a carreira solidaria ‘Kilo por dorsal’ para despedir 2025. Este ano o fará en colaboración coa ANPA do CEIP Humberto Juanes e FAVALMI. A proba deportiva, non competitiva, e para todas as idades, consta de 4 km e será con saída ás 17:00 horas desde o Pavillón de Panxón para chegar ao final de Praia América e regresar. Finalizará cunha chocolatada. Os interesados en participar non precisan inscribirse, tan só achegar ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal (o pavillón estará aberto desde as 15:30 horas).

          “A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e divertíndonos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés.

Publicacións Relacionadas