HomePontevedraCampo LameiroA Deputación destina 86.000 € á adaptación das instalacións e contornas das...

A Deputación destina 86.000 € á adaptación das instalacións e contornas das piscinas municipais de Campo Lameiro

- Anuncio -spot_img

Luis López destacou que os recursos proveñen do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que, este 2025, distribuíu 8 millóns de euros e recordou que ata o 5 de xaneiro está aberto o prazo para que os concellos soliciten recursos da terceira edición deste plan

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno unha achega de 86.000 € para que Campo Lameiro poida adaptar as instalacións e contornas das piscinas municipais. O presidente provincial, Luis López, destacou que os recursos proveñen do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas dotado, neste 2025, con 8 millóns de euros.

Os recursos para Campo Lameiro distribúense, tal e como explicou López, en 3.000 € para a redacción do proxecto e outros 83.000 € para a execución da obra de adaptación das instalacións e contorna das piscinas municipais na zona da Chanciña. En liñas xerais, con esta axuda provincial, o concello vai mellorar a impermeabilización da zona de vestiarios, os pavimentos e firmes das propias piscinas e das súas contornas, así como instalar novas duchas e elementos de peche da parcela.

III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

O presidente da Deputación, Luis López, aproveitou para recordar que ata o 5 de xaneiro está aberto o prazo para que os concellos soliciten recursos do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Unha terceira edición dotada con outros 8 millóns de euros para seguir avanzando na modernización e mellora dos equipamentos e instalacións deportivas da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas