O Grinch, o Apalpador e Papá Noel aterrarán esta fin de semana no Nadal de Soutomaior. Citas que terán lugar na carpa de Nadal instalada en Talo Río, unha carpa onde tamén estará un Mercado de artesanía local, obradoiros infantís, concertos e moito máis.
Esta fin de semana chegarán o Nadal de Soutomaior o Grinch, o Apalpador e Papá Noel chegarán ao noso concello. Hoxe será a quenda do Grinch, onde durante esta mañá xa estivo facendo das súas falcatruadas polo concello, esta tarde terá unha cita coa rapazada que desexe pasar un bo rato na carpa de Talo Río.
Mañá, sábado 20 de decembro, será a quenda da visita do Apalpador que comezará o seu percorrido polos barrios de Soutomaior ás 10:30 sairá da casa do concello, 10:45h Escola -Campo de San Benito de Romariz; 11:15h. Comboa Veiguiña longa, 11:45h Escola de Aranza O Cotiño, 12:15h. Casa do Pobo Cortellas, 12:30h. Antiga Escola de Moreira; 13:00h. Casa do pobo de Lourido ‘O Coello’; 13:15h. Casa do Pobo Val Sobral; 13:30h. Antiga Escola de Alxán e ás 13:45h. rematará o seu percorrido na Casa da Cultura Rexina Míguez.
Un día de inauguración do Mercado de Nadal na carpa de Talo Río, un mercado que se celebrará os días 20, 21, 23 de decembro, 2 de xaneiro, durante todo o día. 8 postos con artesanía, deseño e decoración manualidades varias, doces e maquillaxese moito comercio local. Coa colaboración da Asociación de Empresarios/as de Arcade e Soutomaior.
Outra das citas centrais do día e o Tren de Nadal que estará ao longo do sábado 20 e do domingo 21 en horario de 11:30 a 14:00h. e de 16:30h. a 21:00h. As viaxes son de balde, ao igual que todas as actividades, o único que teñen que facer os que desexen viaxar no Tren de Nadal é coller o seu ticket co horario prioritario na propia carpa.
Na tarde do sábado , dende as 16:30 ata as 20:30h. O Apalpador chegará a súa casiña instalada na Carpa de Nadal en Talo Río para recibir a todas as nenas e nenos que o desexen. Namentres na Carpa de Nadal acollerá ás 17:00h. un obradoiro de modelado ‘Figuras do Apalpador’ para o público infantil, ás 18:30h haberá castañas de balde para todas e todos os asistentes e ás 19:30h. terá lugar o tarde musical a cargo do grupo “Algo pasa con Mery”.
E o domingo 22 de decembro, a axenda chegará coa celebración do Mercado de Nadal e as e os que o desexen poderán desfrutar do Tren de Nadal tamén durante todo o día en horario de 11:30 a 14:00h. e de 16:30h. a 21:00h.
Xa ás 13:00h. será a quenda da sesión vermú en Talo Río protagonizada por “Demasiadas sombras y pacas luces ”. Xa, en horario de tarde, Papá Noel chegará a Carpa de Nadal para recibir as cartas e desexos de todas as pequenas do concello en horario de 16:30 a 20:30h.
O luns 22 de decembro terá lugar, na Biblioteca Pública Luís Seoane, a inauguración da exposición “Pola CARA / By the face” protagonizada polo alumnado da Escola Municipal de Debuxo e Pintura do concello de Soutomaior.



