HomeVigoO PorriñoO concello do Porriño promove o comercio local cun sorteo de catro...

O concello do Porriño promove o comercio local cun sorteo de catro cestas de Reis

- Anuncio -spot_img

 Na campaña repartiranse 4.000 papeletas e o sorteo celebrarase o 2 de xaneiro ás 18:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios

O Concello do Porriño pon en marcha unha nova iniciativa de Nadal baixo o lema “Mercar no Porriño ten premio”, coa que se sortearán catro cestas de Reis entre as persoas que realicen as súas compras no comercio local durante estas datas.


Este ano a campaña contará con 4.000 papeletas, que serán distribuídas entre os establecementos participantes. Os comercios interesados en entregar papeletas á súa clientela deberán recollelas previamente no Concello do Porriño.

O sorteo terá lugar o 2 de xaneiro de 2026, ás 18:00 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios. As papeletas poderán depositarse no Concello do Porriño, na Praza de Abastos ou no propio establecemento no que se realizase a compra, facilitando así a participación da veciñanza.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca a importancia desta iniciativa para o comercio local, sinalando que “o comercio de proximidade é un piar fundamental da vida económica e social do Porriño.

Con campañas coma esta queremos recoñecer o seu papel, apoiar o seu traballo diario e animar á veciñanza a mercar na vila, especialmente nestas datas tan sinaladas”.

Esta acción forma parte da programación de Nadal do Concello do Porriño e enmárcase nas políticas municipais de apoio ao comercio de proximidade, co obxectivo de dinamizar a actividade económica local, fomentar o consumo responsable e reforzar o tecido comercial da vila durante unhas datas especialmente significativas.

Publicacións Relacionadas