HomeXunta de GaliciaA Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas...

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

- Anuncio -spot_img
  • Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados
  • Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
  • Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación, entre outros, aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo mañá desde primeiras horas da tarde na costa da Coruña e Pontevedra e agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros.

Debido á alerta laranxa, segundo as previsións dos órganos preditores, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou suspensións de actividade deportiva Xogade e federada no mar na xornada de mañá nos concellos da costa oeste, noroeste e suroeste da Coruña desde as 15,00 horas ata medianoite e nas Rías Baixas e na zona do Miño de Pontevedra desde as 18,00 horas e tamén ata medianoite.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Publicacións Relacionadas