HomeOurenseAntonio Rodríguez Miranda, participa nun encontro no que se recoñeceu a achega...

Antonio Rodríguez Miranda, participa nun encontro no que se recoñeceu a achega dos migrantes ao desenvolvemento social, cultural e económico de Ourense

- Anuncio -spot_img

O vicesecretario de Emigración do Partido Popular de Ourense, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde nun coloquio celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, baixo o título “Ourense e migración: retos, oportunidades e futuro”, organizado pola asociación ourensana venezolana Alma Llanera, en colaboración con PP ourensá.

A xornada, que coincidiu co Día Internacional do Migrante, tiña como obxectivo reflexionar sobre a realidade migratoria na cidade de Ourense, así como sobre os seus desafíos, fomentando a cooperación entre asociacións de emigrantes, entidades sociais, representantes institucionaleis axentes económicos e a cidadanía en xeral.

No encontro compartíronse experiencias entre os participantes -representantes de asociacións, organizacións sociais, tecido empresarial e responsables públicos vinculados ás políticas migratorias-, ademais de coñecer exemplos de boas prácticas e lanzar propostas que reforcen a convivencia e a cohesión social en Ourense, recoñecendo a aportación da poboación emigrante ao desenvolvemento social, cultural e económico da cidade.

Publicacións Relacionadas