HomeOurenseOurenseOs deputados do PP de Ourense reclaman a RENFE e ao Ministerio...

Os deputados do PP de Ourense reclaman a RENFE e ao Ministerio de Transportes a recuperación en xaneiro de 2026 das paradas do AVE na Gudiña que foron suprimidas o pasado  9 de xuño

- Anuncio -spot_img

• Diante dunhas recentes declaracións de Óscar Puente sobre un próximo anuncio de recuperación das paradas suprimidas en Sanabria mediante a implantación dunha nova frecuencia matinal desde Lugo,  Celso Delgado afirma que “esa solución deberá beneficiar tamén a estación ourensá da Gudiña, onde toman os trens miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia; a máis diso viaxeiros das comarcas fronteirizas de Portugal”

Os deputados do Partido Popular no Congreso pola provincia de Ourense, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, veñen de rexistrar unha nova pregunta por parlamentaria, que dí así:

“Quedan poucos días para finalizar 2025 e segue sen producirse ningunha rectificación por parte de RENFE e do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) da inxusta decisión tomada o 9 de xuño de suprimir paradas dos trens AVE na estación Porta de Galicia da Gudiña. Desde aquela data os miles de usuarios desa estación non teñen máis alternativa matinal para viaxar a Madrid que tomar un AVLO ás 12:08 que chega á capital ás 14:08. E se queren regresar o mesmo día o último tren sae ás 18:06 para chegar á Gudiña ás 20:02.

Un auténtico disparate de horarios, irracionais, inútiles e discriminatorios para os habitantes do medio rural, pois antes do do 9 de xuño, os usuarios da estación da terminal Porta de Galicia así como os de Sanabria podían subirse a un tren AVE e chegar a Madrid ás 10:34 horas e así podían realizar actividades na capital por exemplo tratamentos médicos, consultas actividades administrativas, empresariais, formativas etc. ou ben por exemplo transbordar a trens con destino a outros corredores ferroviarios ou tomar un avión en Barajas.

O ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, o 14 de decembro foi entrevistado no “Diario de Valladolid-El Mundo” respondendo tamén a preguntas sobre unha futura solución á supresión de paradas de AVE na estación de Sanabria.

O ministro seguiu co seu discurso triunfalista de que tras a supresión de dúas paradas hai un 30% máis de persoas que soben e baixan nesta estación, pero engadiu que “con todo, nós temos agora que adoptar, facer algún cambio nas comunicacións con Lugo e iso vainos a servir probablemente, e algo que anunciaremos en breve, para poder poñer unha frecuencia pronto pola mañá, sobre todo de comunicación vía alta velocidade con Zamora, que é o que máis reclaman, porque din que esa frecuencia é a que máis se utilizaba para ir ao médico, as xestións que tiña que facer a xente en Zamora, e tamén vai servir para conectar con outros servizos de alta velocidade”. E preguntado polo xornalista sobre se se refería a un tren Avant Ourense-Zamora, respondeu que:” Eu o termo Avant preferiría non utilizalo, porque o Avant ten unhas connotacións de obrigación de servizo público que non se se imos ter marxe para utilizar. Pero si que estamos a traballar nesa conexión que ao final o que fará será devolverlle a Sanabria as oito frecuencias día que tiña. Iso é no que no que estamos a traballar.”

É evidente que se finalmente RENFE e o MITMS rectifican, será pola enorme presión exercida polas plataformas de usuarios e polos representantes políticos e sociais das comarcas que utilizan as estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente os da estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e de Sanabria.

E en consecuencia a recuperación das paradas suprimidas, de producirse mediante a implantación dunha nova frecuencia desde Lugo ou por medio doutra fórmula, deberá beneficiar tamén á estación ourensá da Gudiña onde toman os trens miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia; a máis diso viaxeiros das comarcas fronteirizas de Portugal.

Por todo o anterior preguntamos: ¿Rectificará RENFE e o MITMS a inxusta decisión de suprimir desde o 9 de xuño as paradas de trens nas estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente na estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e en consecuencia procederá a restablecer en xaneiro de 2026 as frecuencias eliminadas?

Publicacións Relacionadas