HomeA CoruñaPaso do Apalpador por San Sadurniño e avance do festival de Nadal...

Paso do Apalpador por San Sadurniño e avance do festival de Nadal de mañá domingo

- Anuncio -spot_img


O Apalpador pasou este serán pola Casa da Cultura de San Sadurniño para traernos o lume novo do Nadal, agasallos para a rapazada e unha chea de bos desexos que el nos convidou a compartir con todo o mundo.

O carboeiro do Courel chegou, coma o grande persoeiro que é, anunciado polas gaitas, a percusión e o acordeón do grupo Os Farrapos, incluído na Rede Cultural da Cultura da Deputación da Coruña. O Apalpador mesmo se atreveu a bailar uns agarrados mentres empezaba a servirse un rico chocolate con biscoito e mentres a cativería participaba no obradoiro de decoración de Nadal organizado en colaboración coa Asociación Semente de Trasancos..

Xa non queda nadiña para a Noiteboa… pero antes, este domingo ás 12:00h, temos outra cita na Casa da Cultura: o Festival de Nadal das aulas de música moderna dirixidas por Xoán Leis. Guitarras eléctricas, baterías, piano, baixo, etc., interpretando pezas moi movidas e coñecidas de todos os tempos.

Non o perdades porque paga moito a pena ver a veciñas e veciños nosos que empezaron a tocar hai relativamente pouco e que xa son cracks da música.

Publicacións Relacionadas