Con estas actuacións, a Deputación de Ourense continúa a apostar pola mellora dos servizos básicos no rural, garantindo unha xestión máis eficiente da auga e contribuíndo a fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou esta semana dous asuntos cun importe total de 124.114,14 euros, ambos destinados a reforzar e mellorar infraestruturas vinculadas ao sistema de augas, captación e abastecemento en concellos da provincia.
O primeiro dos acordos corresponde á concesión dunha subvención ao Concello de San Cristovo de Cea, por un importe de 64.114,14 euros, destinada á elaboración do Plan Director, así como á implementación, posta en funcionamento e realización de diversas melloras no sistema de augas pluviais e colectores do municipio.
O segundo asunto aprobado é unha axuda de 60.000 euros ao Concello de A Bola, dirixida á mellora da rede de captación e abastecemento de auga nos núcleos de San Simón, San Fiz, Folgoso, Cirós e Moreiriñas.
Con estas actuacións, a Deputación de Ourense continúa a apostar pola mellora dos servizos básicos no rural, garantindo unha xestión máis eficiente da auga e contribuíndo a fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza.



