HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratará 12 asuntos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local tratará 12 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, martes, 23 de decembro, ás 13:30 horas no Salón de Plenos para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 12 asuntos na orde do día.

Contratación (5). A Xunta de Goberno prevé aprobar dous expedientes de contratación: a subministración en lotes da renovación e mantemento de diversas licenzas de tecnoloxías de seguridade asociadas ao proxecto NEXT-GOu de mellora da ciberseguridade do Concello; e o servizo de redacción do proxecto de demolición e reconstrución do edificio sito na Avenida das Caldas nº 36, en cumprimento dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén ten previsto aprobar a prórroga por un ano dos lotes 1 e 3 do contrato do servizo de mantemento do equipamento do Centro de Proceso de Datos do Concello, e rectificar un artigo do prego de cláusulas administrativas para adxudicar as obras de restauración da pasarela de Outariz.

Licenzas (2). Resolverá dúas solicitudes: da licenza de obra para o proxecto básico e de execución dun muro de contención en dúas parcelas entre as rúas Eligio González e Cesáreo González; e dunha prórroga para rematar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Outeiro, Cudeiro.

Infraestruturas (1). Recoñecerá unha obriga derivada da execución das obras de urbanización da zona de aparcamento que se atopa detrás do deportivo de Oira.

Avogacía Consistorial (4). Dará conta de 3 sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e será informada de que o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense nun procedemento abreviado.

Publicacións Relacionadas