HomeA CoruñaA VII Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora recadará fondos a favor de...

A VII Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora recadará fondos a favor de Ágape

- Anuncio -spot_img

 Esta cita desenvolverase no 4 de xaneiro

O vindeiro ano comezará en Ribeira cunha cita que une deporte e solidariedade. A VII Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora terá lugar no 4 de xaneiro, con saída do porto de Aguiño, ás 11.00 horas.

Este evento destaca o papel de catro mulleres no recate de náufragos durante o afundimento do vapor-correo Santa Isabel na costa de Sálvora na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, de aí a data desta andaina/milla que recada fondos, nesta ocasión, a favor da Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape).

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, sinalou que “recibimos o ano de xeito solidario; a mellor maneira de darlle a benvida ao 2026 ao seguir
o espírito destas datas facendo algo polos demais.”

Tamén falaron, Abraham Benítez, promotor da cita, quen destacou a boa acollida ano tras ano; e Ana Arnoso, presidenta de Ágape, quen tivo palabras de agradecemento para estas iniciativas de índole social.

Na milla existen un total de 11 categorías, incluída a zapatilla inclusiva, con diferentes distancias a completar pola fachada marítima de Aguiño, mentres que a andaina consta de 5 quilómetros.

As inscricións continúan abertas a través da páxina web www.galitiming.com, ata as 23.59 horas do 1 de xaneiro, por un importe de 5 euros, agás para as carreiras menores.

Haberá, ademais, entrega de trofeos e faranse sorteos de agasallos.

Publicacións Relacionadas