HomeO SalnésO GrovePortos de Galicia autoriza ao concello do Grove melloras no edificio da...

Portos de Galicia autoriza ao concello do Grove melloras no edificio da Praza de Abastos

- Anuncio -spot_img

Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería do Mar, outorgou autorización ao Concello do Grove para realizar obras de mellora no edificio da praza de abastos, situado nunha concesión de dominio público portuario. Tal como recolle a resolución, a modificación da concesión permitirá diversas obras nos locais interiores e na fachada do edificio.

En concreto a actuación autorizada consiste no acondicionamento e reforma do interior dos locais 25 e 26 comunicándoos co 24 e apertura dun oco na fachada baixo os soportais. Ademais completarase coa demolición da caseta exterior existente na actualidade, o aumento de altura da beirarrúa e a instalación dun contedor de frío ao carón da actual caseta exterior.

Portos de Galicia enmarca esta autorización que facilita unha mellora de carácter municipal dentro da colaboración institucional entre as administracións con competencias nas vilas portuarias. Neste contexto entende tamén a colaboración en competencias compartidas como a recollida de lixo. A este respecto, Portos de Galicia realiza a recollida dos residuos portuarios nos portos grovenses todos os días salvo festivos, cando ao non haber actividade portuaria nin por tanto residuos derivados dela, esta tarefa corresponde ao servizos municipais.

Publicacións Relacionadas