HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratou 12 asuntos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local tratou 12 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reuniuse esta mañá,ás 13.30 horas no Salón de Plenos para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 12 asuntos na orde do día.

Contratación (5). A Xunta de Goberno aprobou dous expedientes de contratación: a subministración en lotes da renovación e mantemento de diversas licenzas de tecnoloxías de seguridade asociadas ao proxecto NEXT-GOu de mellora da ciberseguridade do Concello; e o servizo de redacción do proxecto de demolición e reconstrución do edificio sito na Avenida das Caldas nº 36, en cumprimento dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén aprobou a prórroga por un ano dos lotes 1 e 3 do contrato do servizo de mantemento do equipamento do Centro de Proceso de Datos do Concello, e rectificou un artigo do prego de cláusulas administrativas para adxudicar as obras de restauración da pasarela de Outariz.

Licenzas (2). Resolveu dúas solicitudes: da licenza de obra para o proxecto básico e de execución dun muro de contención en dúas parcelas entre as rúas Eligio González e Cesáreo González; e dunha prórroga para rematar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Outeiro, Cudeiro.

Infraestruturas (1). Recoñeceu unha obriga derivada da execución das obras de urbanización da zona de aparcamento que se atopa detrás do deportivo de Oira.

Avogacía Consistorial (4). Deu conta de 3 sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e foi informada de que o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense nun procedemento abreviado.

Publicacións Relacionadas