O intenso programa do Nadal en Carballo suma un novo espectáculo programado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo: este venres 26 de decembro teremos concerto do grupo De Vacas, que ofrecerá unha versión moi navideña do seu espectáculo Rebovina Divas Live. A formación integrada por Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e Guillermo Fernández actuará na carpa da Praza do Concello a partir das 21.30 horas.
Con este espectáculo, De Vacas rebobinan no tempo para homenaxear ás grandes divas do pop dos 90: Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo, Beyoncé… cuxas cancións nos acompañaron en momentos importantes das nosas vidas. Ás músicas e bases electrónicas súmanse espectaculares coreografías co cu sentado na cadeira. As letras, o seu aceno de identidade, seguen na liña do compromiso co feminismo, o ecoloxismo, a poesía e demais aspectos que caracterizan os concertos de De Vacas.



