HomeA CoruñaOs proxectos de urbanismo táctico esténdense pola zona urbana co obxectivo de...

Os proxectos de urbanismo táctico esténdense pola zona urbana co obxectivo de fomentar e facilitar unha mobilidade máis sa e sostible

- Anuncio -spot_img

Os proxectos de urbanismo táctico seguen a transformar a zona urbana con medidas sinxelas que van desde a pintura viaria ata a instalación de mobiliario urbano ou elementos vexetais e que teñen unha única finalidade: fomentar e facilitar unha mobilidade máis sa e sostible.

Con esa filosofía estase a actuar na rúa Fomento, onde xa se implantou a dirección única a raíz das obras realizadas por Augas de Galicia na ponte de Isabel II. Esa medida provisional convértese agora en definitiva, tal como prevé a Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade no concello de Carballo, cuxa última actualización realizouse no ano 2024.

O alcalde, Daniel Pérez, acompañado polos concelleiros de Mobilidade, Juan Seoane, e Obras, Luis Lamas, realizou un percorrido pola vía, na que se aproveita a eliminación dun carril de circulación para introducir unha senda para bicicletas, ordenar o espazo resultante e humanizar a zona mediante a introdución de elementos verdes, en concreto, unha ducia de árbores e zonas de céspede. A actuación inclúe tamén a sinalización horizontal e vertical e a introdución de pavimentos axeitados para garantir a accesibilidade universal. O orzamento acada os 40.000 euros.

Nese ámbito tamén está prevista a execución dun proxecto integral de mellora da avenida de Fisterra, que será co-financiado polo Concello de Carballo e a Xunta de Galicia. Precisamente, o Concello vén de formalizar o contrato coa empresa GIGA SL, que resultou adxudicataria da licitación para a redacción do proyecto, por un importe de 45.980 euros.

Publicacións Relacionadas