HomeA CoruñaVicente Araguas presenta o martes en Neda a súa obra “O primo...

Vicente Araguas presenta o martes en Neda a súa obra “O primo Basilio volveu a Lisboa”

- Anuncio -spot_img

Aproveitando as vacacións de Nadal, escritor Vicente Araguas presenta en Neda o seu último traballo. A casa das palmeiras acollerá o vindeiro martes, 30 de decembro, a partir das 19:30 horas, esta cita literaria na que se debullarán algunhas claves do poemario O primo Basílio volveu a Lisboa.
Araguas toma como punto de partida nesta obra de poesía narrativa o libro de Eça de Queirós O primo Basilio, unha das grandes novelas de adulterio da literatura universal.
O autor aposta neste libro mudar a historia orixinal, cambiando as situacións ás que se vén abocadas os personaxes principais da novela do portugués e situándoos na actualidade.
O escritor e Fillo Predilecto estará acompañado nesta cita, aberta ao conxunto da veciñanza, por Luis Torres Foira, decano do Colexio de Avogados de Ferrol, e presidente do Consello da Avogacía Galega.

Publicacións Relacionadas