Os representantes municipais destacan a súa traxectoria
O deportista Froilán Fernández foi recibido pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, nunha reunión co obxectivo de coñecer máis polo miúdo sobre unha disciplina menos coñecida como é o trial. Durante o encontro, os representantes municipais destacaron a súa “frutífera traxectoria e a futura promesa que é para o trial.” De feito, aproveitaron a ocasión para felicitalo polo seu recente triunfo no campionato galego de trial celebrado en Arteixo, quedando terceiro na proba, se ben a suma dos puntos deulle a vitoria.
“Temos unha potente canteira de deportistas no noso municipio. Vela, taekwondo, patinaxe, kenpo… Non hai ningunha disciplina que se resista ao talento dos nosos veciños. Son moitas as alegrías que recibimos nas últimas semanas en campionatos de diferente proxeccións e, unha destas boas novas, chegou da man de Froilán Fernández co seu resultado no campionato galego de trial”, en palabras da rexedora.
Tamén aplaudir os seus logros o edil, para quen “Ribeira ten unha forte vitalidade a nivel deportivo. Isto constátase nas numerosas probas deportivas que se desenvolven na nosa localidade, no número de clubs que temos aquí e tamén nos resultados dos nosos veciños en diferentes competicións que nos fan sentir orgullosos.”
Así, Froilán levou consigo un diploma e agasallos para o recordo.



