Esta proposta enmárcase no Nadal Cultural programado polo Concello
Ribeira deu a benvida a unha das súas actividades do Nadal Cultural 2025-2026 posta en marcha pola Concellería de Cultura: o Recuncho de Nadal. Esta casiña instalada na praza de Porta do Sol abriu nesta tarde co Apalpador, quen comprobou se a rapazada comeu ben ao longo de todo o ano para entregarlles caramelos como agasallo. Ademais, contouse cos Bolechas como convidados, que se achegaron á cidade mediante a Rede de Dinamización Lingüística.
Tamén se pasarán por este recuncho outro emblemático personaxe como Papá Noel, no 24 de decembro, de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.
Así mesmo, o Carteiro Real estará para recoller as peticións dos nenos e nenas aos Reis Magos no 26, 29 e 30 de decembro e 2 de
xaneiro, de 17.00 a 19.00 horas; no 27 de decembro e 3 de xaneiro, de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas; e no 5 de xaneiro, de 12.00 a 13.30 horas.
E, o Apalpador volverá a Ribeira no 31 de decembro, de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.



