HomePontevedraO CondadoO Concello de Ponteareas licita as obras de asfaltado en distintas parroquias...

O Concello de Ponteareas licita as obras de asfaltado en distintas parroquias por máis de 200.000 euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas vén de licitar as obras incluídas no proxecto “Pavimentación de camiños en distintas parroquias do Concello de Ponteareas”, cun orzamento total de 203.238 euros, financiado ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación responde á aposta decidida do goberno municipal pola mellora dos servizos no rural, coa finalidade de garantir uns accesos axeitados aos fogares, así como facilitar o tránsito dos servizos de subministración e dos vehículos de emerxencias, contribuíndo á seguridade e ao benestar da veciñanza.

O proxecto contempla actuacións de pavimentación en diferentes parroquias do municipio Arcos, Areas, Bugarín, Cumiar, Padróns, Ponteareas e San Mateo de Oliveira onde estas melloras permitirán optimizar a mobilidade diaria e incrementar a calidade de vida das persoas residentes.

O tenente de alcaldesa, Juan Carlos Glez Carrera, destacou que “con esta licitación damos un paso máis no compromiso do Concello de Ponteareas co rural, atendendo demandas históricas da veciñanza e garantindo infraestruturas dignas e seguras. Uns bos accesos son fundamentais tanto para o día a día das familias como para asegurar unha resposta rápida dos servizos de emerxencia”. González Carrera engade que nos vindeiros meses seguirán en distintas parroquias “por ser este un compromiso claro deste goberno”.

A alcaldesa de Ponteaeras, Nava Castro, suliña que este tipo de investimentos forman parte dunha estratexia global de equilibrio territorial, coa que se busca avanzar nun desenvolvemento sostible e cohesionado de todas as parroquias de Ponteareas.

Publicacións Relacionadas