HomeBaixo MiñoA GuardaUn obradoiro infantil de Nadal ensina aos pequenos a facer os seus...

Un obradoiro infantil de Nadal ensina aos pequenos a facer os seus propios postres

- Anuncio -spot_img
  • As prazas son limitadas e con inscrición previa en cultura@aguarda.es

Este sábado os pequenos da casa poderán desfrutar dun obradoiro de cociña de Nadal. Os participantes elaborarán unhas tartaletas  de galleta, iogur e froita e tamén unhas galletas de xenxibre.

Deste xeito, amasarán, enfornarán e decorarán as súas propias elaboracións que despois poderán desfrutar con toda a familia na casa. O obradoiro está orientado a crianzas de 4 a 10 anos e poden inscribirse en cultura@aguarda.es.

O obradoiro será o sábado 27 de decembro ás 12h na carpa da praza Avelino Vicente.

Publicacións Relacionadas