HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López destaca os máis de 90.000 € investidos pola Deputación para...

Luis López destaca os máis de 90.000 € investidos pola Deputación para mellorar as instalacións deportivas de Mondariz-Balneario a través dos Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, xunto co alcalde César Gil, inaugura a mellora nas instalacións deportivas na avenida Enrique Peinador e anuncia a posta en marcha dunha nova zona deportiva na vila con xogos tradicionais, ambas actuacións financiadas con máis de 93.000 € do primeiro e segundo PEID

“Cando nos referimos á provincia do deporte tamén falamos da modernización dos equipamentos municipais, nos que investiremos 20M€ en tres anos”, salienta López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta un novo paso adiante na provincia do deporte no acto de inauguración da optimización e mellora integral das instalacións deportivas no Concello de Mondariz-Balneario. Unhas instalacións nas que o organismo provincial está a investir máis de 93.000 € a través da primeira e segunda convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Nun percorrido por este recinto, acompañado polo alcalde César Gil, López puxo de manifesto o impulso que a Deputación está a dar as instalacións municipais de todos os concellos da provincia grazas aos 20 millóns de euros que está a mobilizar a través das tres convocatorias, aprobadas ao longo do presente mandato, do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

“Cando nos referimos á provincia do deporte referímonos tamén ao impulso que estamos a dar desde a Deputación para modernizar instalacións deportivas nos concellos a través dos Plans Extraordinarios de Infraestruturas Deportivas, que xa ten en marcha a súa terceira edición con 8 millóns de euros de orzamento que, sumados aos dous anteriores, supón un investimento de 20 millóns de euros en tres anos”, salientou o dirixente.

No caso de Mondariz-Balneario, o organismo provincial impulsou con máis de 57.000 € da primeira edición do plan a renovación das instalacións deportivas da avenida Enrique Peinador, onde se instalaron novos elementos, se mellorou a accesibilidade universal e a eficiencia enerxética, se impulsaron novas redes de servizos e dixitalizaron as instalacións. Ademais, o presidente Luis López aproveitou a ocasión para recordar que Mondariz-Balneario disporá doutra área deportiva totalmente renovada, cun investimento de máis de 35.000 € do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que permitirá á veciñanza dispoñer dun campo de xogos tradicionais para todas as idades.

A colaboración da Deputación co Concello de Mondariz-Balneario non se limita só á mellora destas instalacións deportivas. Neste eido, o presidente recordou que ao longo do 2025 a vila recibiu máis de 312.000 € a través do Plan +Provincia e preto de 490.000 € do Plan Extra para a humanización da contorna da Praza de Abastos.

Publicacións Relacionadas