HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra sendos obradoiros de cociña de Nadal para...

O concello de Nigrán celebra sendos obradoiros de cociña de Nadal para crianzas

- Anuncio -spot_img

Paralelamente, o CEIP Humberto Juanes acolle desde onte e ata o 5 de decembro o Campamento de Nadal

O Concello de Nigrán desenvolveu este luns e martes sendos cursos de cociña de Nadal para crianzas no CEE de Panxón. O luns tivo lugar o obradoiro dirixido a unha ducia de nenos e nenas de 8 a 11 anos, que aprenderon a realizar un menú a base de galletas de chocolate e torta de froitas. Este martes os protagonistas foron rapaces de 12 a 17 anos, que tomaron nota para facer un menú de tres platos e recibiron trucos de aproveitamento. Paralelamente, o CEIP Humberto Juanes acolle desde onte e ata o 5 de decembro o Campamento de Nadal do Concello de Nigrán, destinado a 60 crianzas.

Publicacións Relacionadas