HomePontevedra600 persoas participarán na San Silvestre solidaria de Salceda

600 persoas participarán na San Silvestre solidaria de Salceda

- Anuncio -spot_img

A proba celébrase este venres 26 de decembro ás 21.30

               Este Venres día 26 ás 21.30 terá lugar a popular carreira solidaria San Silvestre 2025 no Concello de Salceda de Caselas. Un percorrido xa tradicional de 3 km polas principais rúas do casco urbano, na que se agarda rondar os 600 corredores e corredoras.

A participación na proba será de balde, debendo aportar cada participante algún alimento non perecedoiro ou produto de hixiene  que será destinado ao programa municipal de alimentos para o reparto entre as persoas usuarias deste servizo, nun acto que cada ano ten unha grande resposta grazas á solidariedade da veciñanza salcedense.

Unha vez finalizada a proba, servirase un chocolate na praza do Concello e haberá sorteo de agasallos para as persoas participantes.

Trátase dun evento organizado para o público familiar, onde o importante non é facer o mellor tempo, senón divertirse e pasar unha noite en compaña, e ademais facelo dun xeito solidario. Non faltarán os disfraces que cada ano fan desta unha proba divertida e desenfadada, con participación de persoas de tódalas idades.

A San Silvestre 2025 poñerá o peche final á tempada deportiva deste ano en Salceda, nun ano cargado de éxito para os e as deportistas do noso concello e onde, entre outros fitos, se conseguiu recuperar a Gala do Deporte despois de 7 anos.

Familias, amizades e quen teña a ben achegarse a Salceda este venres poderá gozar dun evento deportivo festivo, animado e moi especial para despedir o ano. 

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, e Marcos Troncoso, Concelleiro de deportes, quixeron animar a maiores e crianzas a participar desta xornada festiva para despedir o ano do mellor xeito.

Publicacións Relacionadas