HomeOurenseA PeroxaA Peroxa celebra unha gran xornada de diversión infantil polo Nadal: PEROXALAND! 

A Peroxa celebra unha gran xornada de diversión infantil polo Nadal: PEROXALAND! 

- Anuncio -spot_img

O Concello da Peroxa organiza o vindeiro domingo 4 de xaneiro unha nova edición de Peroxaland, unha xornada lúdica dirixida á infancia que encherá o Polideportivo Municipal de xogos, música e actividades para toda a familia.

O evento desenvolverase en horario de 15:30 a 20:00 horas e contará cun amplo programa de diversión inchable, globoflexia, maquillaxe infantil, música e agasallos para todos os nenos e nenas asistentes. Ademais, ás 19:00 horas terá lugar a esperada recepción das Súas Maxestades os Reis Magos, un dos momentos máis especiais da tarde. 

A entrada terá un custo de 4 euros, con pago directo na billeteira. Non obstante, o acceso será gratuíto para os menores empadroados no municipio, que deberán recoller previamente a súa entrada nas oficinas municipais, presentala na billeteira e cubrila para participar no sorteo de xoguetes. Cada menor empadroado poderá acceder acompañado de dous adultos. 

Publicacións Relacionadas