O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou esta mañá unha sesión extraordinaria urxente do Pleno do Concello, que se desenvolverá pasado mañá, luns, 29 de decembro, ás 9.00 horas, con esta orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria en todos os seus puntos
2. Resolución de reclamacións no trámite de información pública e aprobación definitiva da ordenanza reguladora das tarifas do servizo de recollida e tratamento de residuos.
3. Convenio de cooperación entre o Concello de Ourense e o Concello de Barbadás para prestación ao Concello de Barbadás do servizo de saneamento e depuración das augas residuais no período 2025 – 2028 e liquidación da compensación económica pendente pola prestación do servizo no período 2006 – 2024.
4. Recoñecemento extraxudicial da débeda con VIAQUA, S.A.U, pola prestación ata 31 de decembro de 2024 do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais.



