HomeOurenseAmoeiroAmoeiro estrea terreo de xogo no campo de fútbol da Penafita, cun...

Amoeiro estrea terreo de xogo no campo de fútbol da Penafita, cun novo céspede artificial financiado pola Deputación

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta tarde en Amoeiro aos actos programados con motivo da estrea do novo terreo de xogo do campo de fútbol da Penafita.

Luis Menor destacou o compromiso da institución provincial na mellora das infraestruturas deportivas da provincia, enmarcando estas novas instalacións no convenio asinado polo Concello de Amoeiro coa Deputación de Ourense, que financiou a colocación do céspede artificial cun investimento de máis de 427.000 euros, mentres que o Concello achegou preto de 47.500.

O terreo de xogo estreado esta tarde, coa disputa de dous encontros amigables, facilitará a práctica deste deporte en calquera momento do ano, así como partidos e adestramentos tanto de fútbol once como de fútbol oito.

Publicacións Relacionadas