HomeA CoruñaA CoruñaO Concello ultima o dispositivo especial de transporte urbano previsto en Noitevella,...

O Concello ultima o dispositivo especial de transporte urbano previsto en Noitevella, cos busesmoucho operativos desde medianoite

- Anuncio -spot_img

O mércores 31 de decembro, os últimos servizos sairán das cabeceiras ás 21.30 h. O servizo especial nocturno funcionará entre as 00.30 h e as 07.30 h do día 1 de xaneiro

O Concello ultima xa o dispositivo especial de transporte urbano previsto na Noitevella e o día 1 de xaneiro, xornadas nas que o servizo contará con horarios específicos ao ser datas especialmente sinaladas no calendario destas festas de Nadal.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, informou hoxe de que o último servizo das liñas de autobús urbano no día 31 de decembro prestarase ás 21.30 horas, cando a frota de vehículos da empresa concesionaria, a Compañía de Tranvías da Coruña, volverá ás cocheiras ata a medianoite.

Será xa ás 00.30 horas cando entrarán en servizo os buses-moucho. Na Noitevella do 31 de decembro ao 1 de xaneiro reforzarase o servizo, que se realizará con dous autobuses: un deles manterá o servizo habitual e o de reforzo o fará en sentido inverso. Os buses-moucho estarán operativos ata as 7.30 horas do día 1, e manterán unha frecuencia de trinta minutos.

Xa posteriormente, ás 10.00 da mañá do día 1 de xaneiro, volverá a funcionar o servizo convencional, con dous buses por liña. A excepción será a liña 6, que conecta a avenida de Hércules con Meicende: como é habitual nos festivos, sairá con tres autobuses (dous da liña 6 e un da liña 6-A).

Publicacións Relacionadas