HomePontevedraSoutomaior celebra a súa III San Silvestre cun éxito de convocatoria con...

Soutomaior celebra a súa III San Silvestre cun éxito de convocatoria con preto de 500 persoas inscritas

- Anuncio -spot_img
  • Unha cita, integrada dentro da programación de Vive o Nadal en Soutomaior, que contou con arredor de 500 persoas inscritas.
  • Unha carreira solidaria, inclusiva e adaptada para persoas con discapacidade e diversidade funcional.

A III San Silvestre de Soutomaior volveu a contar, un ano máis, cun éxito de convocatoria celebrada na pasada tarde no concello.

Trátase dunha cita, que forma parte da programación de Vivir o Nadal en Soutomaior, e que está  destinada a todos os membros da familia, nela puideron participar todas as persoas maiores de 14 anos, e os menores de 14 anos tiveron que ir acompañados/as dunha persoa adulta responsable durante todo o percorrido.

Unha carreira solidaria, inclusiva e adaptada. Solidaria porque se recolleron alimentos non perecedoiros no día da proba (onte) que se destinarán ás persoas máis vulnerables, repartidos por Cáritas Arcade e Cáritas de Soutomaior.

Inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada persoa. O percorrido realizouse co acompañamento de persoas familiares ou amigas ou persoas voluntarias.

Adaptada porque adecuouse a proba a cada persoa con necesidades. Desta maneira, a persoa participante con diversidade funcional puideron realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros.

A distancia da carreira xeral foi de 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico, o circuíto será o seguinte: Alameda de Talo Río – Rosalía de Castro – Xosé Solla – Rúa Calvario – Cruceiro Calvario- Rúa Lameiriñas – Rúa do Velero – Rúa Barroncas – Rúa Rosalía de Castro – Talo Río.

O percorrido adaptado, para persoas con diversidade funcional foi de 180 metros e percorreu Talo Río – Rosalía de Castro – Cruce Xosé Solla – Rúa Rosalía de Castro – Talo Río.

Foi unha carreira onde non houbo clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que tiveron o seu premio vencellado co mundo do deporte.  Así deste xeito o primeiro posto masculino foi para Pablo Ulla, o segundo para Ismael Lago e o terceiro para Juan José Amoedo. No cadro feminino a primeira posición foi para Ahinoa Galán, a segunda para Judith Barros e a terceira para María Ulla.

A maiores tamén houbo tres premios ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos, 2 premios a mellor disfrace de persoas adultas e 2 premio ao mellor disfrace colectivo.

Actividades complementarias

Na xornada do 27 de decembro houbo actividades abertas a todo o público que quixo practicar deporte,  divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo foi o de animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto ás 16:30h tiveron lugar os exercicios de quecemento, ás 17:00h. foi o inicio da carreira adaptada e, a continuación a xeral. Unha vez rematada esta proba, arredor das 17:45h. foi a quenda dos exercicios de zumba con Lucy Salsarrica, ás 18:15h. fin- entrega agasallos e ás 19:00h. chegou a diversión e a música a cargo de DJ Sanse.  

Vivir o Nadal en Soutomaior

Dentro das actividades do Nadal en Soutomaior, hoxe, domingo 28 o baile dos noso maiores na Casa do Pobo do Val – Sobral en horario de 18:00 a 20:30h. A seguinte cita xa nos levará ao día de fin de ano, coa celebración pola tarde dun concerto para a cativada e, pola noite, o concello organiza un fin de ano para todas e todos os veciños na súa carpa de Nadal co directo do trío Tic Tac e a actuación de YAYA DJ.

Publicacións Relacionadas